Núñez Feijóo achegouse a Sober en plena vendima para gabar a calidade do viño da Ribeira Sacra

O mandatario autonómico visitou unha adega soberina, e salientou a profesionalidade do sector para afrontar a crise sanitaria

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, fai un percorrido polos viñedos e instalacións das adegas Rectoral de Amandi (Santa María de Amandi, s/n). Rectoral de Amandi, Sober, 21/09/20

A vendima na Ribeira Sacra contou cunha visita de excepción. O pasado 21 de setembro, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, achegouse ata as instalacións da adega Rectoral de Amandi, situada no municipio de Sober. Neste emprazamento, o mandatario autonómico coñeceu de primeira man as medidas que o sector vitivinícola está a desenvolver para realizar a vendima con plenas garantías sanitarias. Feijóo destacou «a profesionalidade» dos traballadores e empresarios para cumprir cos protocolos e levar adiante a recollida nas viñas. Así mesmo, o titular autonómico felicitou aos adegueiros desta Denominación de Orixe pola «moi boa» calidade da uva deste ano.


FEIJÓO: «O SECTOR DO VIÑO DEMOSTRA QUE O RURAL TEN FUTURO»
Logo de percorrer parte dos viñedos e achegarse ao miradoiro desta adega, Núñez Feijóo, acompañado de alcaldes e representantes públicos da contorna, puxo en relevo a rendibilidade do sector vitivinícola, que demostra «que o rural galego ten futuro e potencial para albergar empresas».
En Galicia, o sector integra a máis de 13.000 viticultores e 450 adegas, cunha facturación anual de 200 millóns e que apostan pola exportación. De feito, unha de cada cinco botellas das cinco Denominacións de Orixe galegas destínanse á venda fóra de España.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A XUNTA DEFENDEU EN OURENSE O TERMALISMO COMO CLAVE PARA O TURISMO GALEGO

Seguinte Nova

A innovación, a economía circular e o desenvolvemento sostible, premiados no concurso da Asociación Semente de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: