A XUNTA DEFENDEU EN OURENSE O TERMALISMO COMO CLAVE PARA O TURISMO GALEGO

Inauguración en Ourense do I Congreso Internacional sobre Auga e Saúde, coa intervención do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, a mediados de setembro.

O turismo termal estase a consolidar como unha alternativa viable para desestacionalizar e diversificar esta actividade en Galicia, segundo destacou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa participación en Ourense no I Congreso Internacional sobre Auga e Saúde. Rueda resaltou que o termalismo é unha opción para dinamizar a actividade turística e a economía nas zonas de interior.
O vicepresidente primeiro tamén apuntou ás medidas que puxo en marcha o turismo termal para facer fronte á pandemia, a través de protocolos de prevención cos que ofrecer seguridade aos visitantes. Esta acción súmase
ao conxunto de medidas postas en marcha para promover Galicia como destino seguro e de calidade.
O congreso, organizado por Termatalia, vén substituír á Feira Internacional de Turismo Termal e de Benestar, que tivo que ser anulada pola pandemia. O evento que se celebrou en Ourense a mediados de setembro congregou na cidade das Burgas a medio cento de expertos de diferentes países, que debateron sobre as solucións necesarias para minimizar o efecto da crise
sanitaria no turismo termal.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Formalizado o contrato da primeira fase para desdobrar o corredor de Sarria

Seguinte Nova

Núñez Feijóo achegouse a Sober en plena vendima para gabar a calidade do viño da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: