A Plataforma Salvemos o malecón promove a campaña “Pon o malecón no teu balcón” para frear o proxecto municipal da nova ponte

A plataforma veciñal Salvemos o Malecón vén de iniciar unha nova acción para mobilizar á cidadanía en contra da decisión do Goberno local de construír unha ponte neste entorno fluvial. Dende hai uns días, pode verse en fachadas de vivendas e establecementos comerciais carteis co lema que dá nome á plataforma. Esta campaña de sensibilización, baixo o lema “Pon o Malecón no teu balcón” trata de visibilizar, segundo explicaron os seus responsables, “o rexeitamento da veciñanza de Monforte á construcción da nova ponte”. Os promotores da Plataforma buscan que esta mensaxe chegue ao Consistorio, “e facerlle ver ao alcalde que non tiña razón cando manifestou a mediados de xuño que a plataforma non son máis de 40 profesionais del no”. Dende a Plataforma aseguran ter sondeado o parecer do 18% dos comercios monfortinos sobre o proxecto municipal da ponte. O resultado da enquisa ofrece un 85% de apoios ás reivindicacións do movemento veciñal, “o que anima enormemente a seguir con esta labor”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober organiza un curso para protexer ás mulleres maiores da violencia de xénero a través do servizo de axuda a domicilio

Seguinte Nova

O programa de outono do Espazo Xove de Chantada combina actividades presenciais e on line, con Fotografía Dixital ou Cultura Musical e Discjockey, entre outras

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: