85.500 euros da Vicepresidencia da Deputación en becas para deportistas individuais

Resérvase o 7% da partida xeral para o deporte adaptado

O deputado responsable da Área de Deportes, Efrén Castro, nunha imaxe de arquivo. GPVDL

A Área de Deportes da Deputación de Lugo, dependente da Vicepresidencia, vén de aprobar a comezos de setembro unha liña de bolsas para recoñecer o esforzo de deportistas que compitan en modalidades individuais.

BOLSAS ENTRE OS 300 E OS 1.500 EUROS POR DEPORTISTA SEGUNDO OS RESULTADOS ACADADOS
O montante global da partida ascende a 85.500 euros, que se repartirán entre 185 deportistas da provincia de Lugo. Os importes de cada bolsa oscilarán entre os 300 e os 1.500 euros, segundo os resultados acadados en competicións internacionais, estatais e galegas durante a anualidade de 2019.
RESERVADO O 7% DA PARTIDA PARA ATENDER Á DIVERSIDADE
Sete bolsas irán destinadas a deportistas con capacidades diferentes, o que supón un 7% do importe xeral da partida.

APOIAR A CARREIRA DOS DEPORTISTAS MÁIS DESTACADOS
Segundo destacou o deputado responsable da Área de Deportes, Efrén Castro, esta liña de axudas «achega fondos a algúns dos deportistas máis destacados da provincia, contribuíndo ao desenvolvemento da súa carreira».
Castro precisou que o prazo de solicitude das bolsas comezará unha vez se publique este mes a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 14.300 viaxeiros desfrutaron dos catamaráns da Ribeira Sacra no que vai de tempada

Seguinte Nova

Mostra sonora a través de 20 instrumentos musicais do mundo co sarriao Abraham Cupeiro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: