Máis de 14.300 viaxeiros desfrutaron dos catamaráns da Ribeira Sacra no que vai de tempada

•Dende a Deputación destacaron esta “cifra importante” tendo en conta a limitación do aforo ao 50% debido á pandemia

Imaxe de arquivo dun dos primeiros servizos dos catamaráns da Ribeira Sacra na nova normalidade. GPDL

Nos tres meses que van de tempada, os catamaráns que a Deputación ten en funcionamento na Ribeira Sacra rexistraron máis de 14.300 viaxeiros. Esta cifra, “importante” segundo destacou a deputada de Turismo, Pilar García Porto, hai que medila no contexto das limitacións impostas pola pandemia. A deputada responsable da Área de Turismo lembrou que as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias impuxeron unha redución da metade do aforo nas embarcacións.
UNHA OPCIÓN DE LECER “CON GRANDES FORTALEZAS”
Con todo, García Porto puxo en valor estes datos, que demostran que os catamaráns da Ribeira Sacra constitúen “unha oferta turística atractiva na nova normalidade”, xa que “reúnen grandes fortalezas ao tratarse dunha actividade ao aire libre e en pleno contacto coa natureza”.
O protocolo hixiénico-sanitario que establece o servizo de catamaráns da Deputación inclúe o uso obrigatorio de máscara e a posta a disposición de xel hidroalcohólico, o pago con tarxeta, a consulta da información turística en códigos QR, e as reservas on line. •

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

A Ribeira Sacra rematou agosto cun 85% de ocupación, cos hoteis de 4 e 3 estrelas case cheos durante as fins de semana

Siguiente Noticia

85.500 euros da Vicepresidencia da Deputación en becas para deportistas individuais

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: