A Xunta realizará cribados cada 15 días entre o persoal das residencias

Ademais, establécese un protocolo máis estrito para garantir as visitas en condicións de seguridade, e a posibilidade de manter abertos os centros de día en zonas afectadas por brotes

Para mitigar os efectos que tivo a prohibición de visitas ás residencias durante o confinamento, a Xunta establece un protocolo de control para que os residentes poidan manter o contacto presencial cos seus familiares con todas as garantías. GPXG

O comité clínico de expertos que asesora á Xunta vén de propoñer novas medidas de seguridade para garantir a saúde dos usuarios e traballadores das residencias e centros asistenciais. O anuncio deste novo paquete de medidas fíxoo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado 10 de setembro, data na que xa se levaban contabilizados 17 falecementos entre os usuarios contaxiados na residencia do Incio.
Unha das medidas máis destacadas é a realización de cribados constantes, cada 15 días, dos case 15.000 traballadores das residencias e centros para persoas con discapacidade de Galicia. Ademais, faranse controis aleatorios entre os usuarios das 300 residencias da comunidade.
Sen chegar a prohibir as visitas, que se consideran moi importantes para o benestar físico e psíquico dos residentes, a Xunta establecerá un protocolo no que se limita as visitas a unha persoa por usuario do centro, cunha duración máxima dunha hora e cumprindo estritas medidas de seguridade. A visita, para que haberá que pedir cita previa, realizarase, preferentemente, nun lugar axardinado.. ou nunha sala cercana á entrada e con ventilación suficiente. O visitante deberá estar con antelación no centro, e pasar un control de temperatura coas correspondentes medidas de hixiene para acceder á residencia.
Así mesmo, tratarase de manter abertos os centros de día cun protocolo específico para zonas con restriccións por brotes. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Kits de máscaras con estoxo para empezar o curso en Sober

Seguinte Nova

Galicia rexistra 2753 novos contaxios de coronavirus no que levamos de setembro

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: