Kits de máscaras con estoxo para empezar o curso en Sober

Alumnado e profesorado do CEIP Virxe do Carme recibiu do Concello cadanseu lote de tres máscaras personalizadas cunha caixiña portable para gardalas

Unha mostra das máscaras personalizadas que o Concello de Sober repartiu entre o alumnado do colexio público, acompañadas dos correspondentes estoxos. GPCS

O Concello de Sober vén de entregar un lote de máscaras cos seus correspondentes estoxos ao alumnado e profesorado do CEIP Virxe do Carme. As máscaras, que son reutilizables, van personalizadas co nome de cada alumno e alumna.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, destacou esta medida municipal para atender á nova normalidade deste curso. “Cada persoa recibirá do Concello tres máscaras personalizadas para que dispoñan de unidades de cambio suficientes”, precisou o rexedor local.

Esta medida súmase á renovación do servizo Concilia, que ofrece ás familias a posibilidade de que os seus fillos e fillas queden atendidos por profesionais no colexio antes e despois do horario escolar. O servizo comezará a funcionar a partir do primeiro de outubro.

Así mesmo, a atención ás necesidades deste centro educativo vese reforzada cun novo conserxe, incorporado polo Concello «para colaborar co profesorado do CEIP Virxe do Carme nas tarefas que consideren necesarias”, salientou Fernández Guitián.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arrancou o curso escolar coa vista posta na prevención fronte á covid-19

Seguinte Nova

A Xunta realizará cribados cada 15 días entre o persoal das residencias

Últimas noticias sobre EDUCACION

A %d blogueros les gusta esto: