Sober mantén o servizo Concilia durante este curso

Para atender aos nenos e nenas que o precisen antes e despois da xornada escolar

Imaxe do Punto de Atención á Infancia de Sober. GPCS

O Concello de Sober ten en marcha o servizo Concilia para este curso escolar, coas mesmas prestacións e garantindo as medidas hixiénico-sanitarias de prevención ante a covid.

CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL DURANTE O CURSO

As familias con fillos escolarizados no CEIP Virxe do Carme poderán beneficiarse deste servizo, que atende aos cativos antes e despois do horario escolar, para facilitar a conciliación familiar e laboral.

O servizo Madrugadores funciona de 07:45 a 09:30 horas, e o Ludotardes está operativo de 15:45 a 17:30 horas. Os cativos estarán asistidos no propio colexio por un profesional, que lles propón xogos e actividades lúdicas durante estas franxas horarias. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Pobra abre o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música

Seguinte Nova

Arrancou o curso escolar coa vista posta na prevención fronte á covid-19

Últimas noticias sobre EDUCACION

A %d blogueros les gusta esto: