As melloras na traída de auga de Marrube e Vilasatán estarán listas en outubro

As obras do Concello beneficiarán a máis de 160 veciños destas parroquias do Saviñao

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, supervisou a marcha dos traballos da empresa que realiza as obras na rede de abastecemento de Marrube e Vilasatán. GPCS

A mellora dos servizos á veciñanza está a incrementarse nas parroquias do Saviñao, grazas a dúas intervencións que o Concello ten en marcha. Dentro dun mes, está previsto que rematen as obras de mellora da traída de auga que afectan ás parroquias de Marrube e Vilasatán.

O 4 de setembro, o alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, achegouse a supervisar a marcha dos traballos, e adiantou que estarán completados en outubro. “A partir de dito mes, os veciños destes lugares contarán cun novo sistema de abastecemento”, salientou.

ARQUETAS CON CHAVE PARA CONTROLAR OS CONSUMOS

Armesto destacou que o “importante” investimento que fixo o Concello nestas obras permitirá aos máis de 160 veciños destas dúas parroquias “dispoñer, sen excepción, dun subministro óptimo e de calidade”. Así mesmo, cada vivenda contará cunha arqueta coa correspondente chave de paso para controlar o consumo.

O alcalde popular destacou que esta actuación dá resposta a un dos compromisos electorais cos que se presentou ás últimas eleccións municipais.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Quiroga estreará este mes a primeira Unidade de Atención Temperá do sur de Lugo

Siguiente Noticia

A Pobra abre o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: