A ITV para tractores estará en Bóveda do 16 ao 18 de setembro

Hai que pedir cita previa por teléfono ou internet

Os vehículos agrícolas de Bóveda poderán pasar a ITV os días 16, 17 e 18 no mercado gandeiro de Rubián, con cita previa. GPCB

A Inspección Técnica de vehículos agrícolas pasará por Bóveda a mediados deste mes. A empresa encargada ofrecerá este servizo no mercado gandeiro de Rubián do 16 ao 18 de setembro.

O mércores 16, os técnicos atenderán pola tarde, de 17:30 a 18:30 horas. O xoves 17 de setembro, o horario será moito máis amplo, dende as 08:00 ata as 18:30 horas. O último día, venres 18, o servizo ofrecerase só pola mañá, de 09:00 a 11:15 horas.

As persoas que precisen levar os seus vehículos agrícolas á revisión deberán solicitar cita previa no teléfono 902 30 90 00, ou en internet a través da páxina web www.sycitv.com.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Xeoparque Montañas do Courel avanza na elaboración do seu Plan de Sustentabilidade

Seguinte Nova

Un documental e unha mostra fotográfica compoñen en Monforte o retrato humano do Camiño de Inverno

A %d blogueros les gusta esto: