O Xeoparque Montañas do Courel avanza na elaboración do seu Plan de Sustentabilidade

Este plan suporía unha achega de 3 millóns de euros do Ministerio de Turismo para un periodo de tres anos

Reunión do equipo de traballo do Xeoparque Montañas do Courel para arrancar a elaboración do seu Plan de Sustentabilidade, o 2 de setembro. GPCQ

Os Concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel veñen de avanzar no deseño dun Plan de Sustentabilidade para o Xeoparque Montañas do Courel, que permitiría a este territorio contar cun modelo estratéxico de desenvolvemento coa súa correspondente financiación. Con este documento, o Xeoparque podería optar a unha aportación de tres millóns de euros do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, por un periodo de tres anualidades.

QUE HAI, COMO SE ESTÁ A EMPREGAR, E QUE SE NECESITA PARA FACER DO XEOPARQUE UN PRODUTO TURÍSTICO MÁIS ATRACTIVO

Con este obxectivo, o pasado 2 de setembro tivo lugar unha reunión do equipo de traballo do Xeoparque, coa presenza do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez; o tenente de alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro; e a alcaldesa de Folgoso, Lola Castro. A primeira xuntanza esbozou as liñas claves do documento, que deberá incluir un diagnóstico da situación actual do Xeoparque, o grao de aproveitamento dos recursos turísticos e as necesidades turísticas existentes.

CREAR AFLUENCIA TURÍSTICA RENTABLE EN TERMOS ECONÓMICOS E, AO MESMO TEMPO, SOSTIBLE

Segundo explicaron dende o Concello de Quiroga, o plan que financiaría o Ministerio ten como obxectivo crear produtos turísticos atractivos e sostibles, ben aproveitando os recursos que xa hai, ben creando novos equipamentos. Os promotores do Xeoparque asumiron este compromiso polo que suporá para o territorio en canto á súa dinamización. Este plan permitirá, por unha banda, afrontar mellor o reto demográfico, así como empregar de forma sostible as infraestruturas existentes e os puntos de interese cultural, patrimonial e turístico. Así mesmo, o deseño de produtos turísticos de calidade dará lugar a unha afluencia turística significativa para xerar riqueza no territorio.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

O cribado realizado aos veciños do Incio non revela ningún positivo por covid

Siguiente Noticia

A ITV para tractores estará en Bóveda do 16 ao 18 de setembro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: