En marcha a renovación do aspecto do Campo de San Antonio

Nas obras, ás que o Concello destina máis de 17.300 euros, cambiaranse os acabados e a pavimentación desta praza anexa á Casa Consistorial

José Tomé e Gloria Prada supervisan os traballos no Campo de San Antonio, o 2 de setembro. GPCM

A mediados deste mes quedarán completados os traballos de arranxo do Campo de San Antonio, que o Concello de Monforte adxudicou á empresa Probisa Vías y Obras por 17.320 euros. As obras suporán a renovación dos acabados e do pavimento desta praza, que acolle a Casa do Concello.

DETALLE DOS ARRANXOS

Os traballos comezaron coa substitución do revestimento cerámico incrustado na parte horizontal do banco-xardiñeira por outro de granito. As pezas que estean en bo estado aprovéitanse para reconstruir os espazos danados no pavimento da praza. Tamén se van cambiar as lousas rotas ou estropeadas dos paramentos enfuscados, e o frontal das escaleiras que dan acceso á oficina da Policía Local.

ZONA DE PASO E DE USO “POR UN BO NÚMERO DE PERSOAS”

O alcalde, José Tomé, que supervisou o arranque dos traballos coa tenente de alcalde, Gloria Prada, salientou o servizo que fará este arranxo “neste asento fronto-lateral do Concello que é usado a diario por un bo número de persoas cando o tempo o permite”.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Comezan os traballos para arranxar a estrada de Belesar que afundiu polas chuvias de mediados de agosto

Siguiente Noticia

O cribado realizado aos veciños do Incio non revela ningún positivo por covid

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: