Comezan os traballos para arranxar a estrada de Belesar que afundiu polas chuvias de mediados de agosto

A Deputación destina 140.000 euros á complexa reparación deste tramo

As obras de reparación do tramo afundido da LU-P-1804, á altura do pobo de Belesar, comezaron o 2 de setembro. GPDL

O 2 de setembro, arrancaron os traballos para reparar o grave deterioro que sufriu a estrada LU-P-1804, que vai de Belesar a Chantada por San Pedro de Líncora, tras as intensas chuvias de mediados de agosto. O proxecto, de gran complexidade debido ao importante dano que afectou á estructura do vial, será custeado pola Deputación cun total de 140.000 euros.

O DANO PRECISOU UN ESTUDO XEOTÉCNICO E UN CÁLCULO ESTRUTURAL DO TERREO AFECTADO

O elevado importe desta obra explicouno o presidente do organismo provincial, José Tomé, responsable así mesmo da Área de Xestión Territorial. O mandatario precisou que o desprendemento de terra ocasionado polas fortes chuvias provocou un afundimento do firme, que obrigou a cortar ao tráfico este vial dende o 13 de agosto. Segundo detallou Tomé, as características da incidencia requiriron a elaboración dun estudo xeotécnico e un cálculo estructural do terreo para poder establecer as correspondentes reparacións. Finalmente, construirase un muro de contención, para despois reconstruir a estrada e repavimentar o firme con aglomerado en quente.  

TOMÉ: A DEPUTACIÓN OFRECEU UNHA “RESPOSTA ÁXIL” A ESTA GRAVE INCIDENCIA

José Tomé salientou a “resposta áxil da Deputación” para facer fronte a esta incidencia, xa que dende o afundimento do vial ata o inicio dos traballos pasaron vinte días. O mandatario provincial informou de que, ata o remate das obras, continuarán habilitados os desvíos alternativos pola Ponte de Belesar e a LU-533.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Chantada servirá de peche ao circuito musical ao aire libre “Tradición. En Clave Delas”

Siguiente Noticia

En marcha a renovación do aspecto do Campo de San Antonio

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: