O prazo para apuntarse na Escola de Música de Sober remata o 24 de setembro

A entrega dos horarios do curso 2020-2021 será o sábado 3 de outubro ás doce do mediodía

Foto de arquivo dun grupo de cativos da Escola Municipal de Música de Sober. GPCS

En Sober xa está aberto o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música. As persoas interesadas poden formalizar o trámite ata o 24 de setembro. Rematado o prazo de matrícula, entregaranse os horarios definitivos o sábado 3 de outubro ás 12:00 horas, nun acto que terá lugar no Centro Sociocultural, e no que se presentarán as características do novo curso. O alcalde, Luis Fernández Guitián, asegurou que “alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música seguirán todos os protocolos sanitarios para ter unhas aulas seguras”.

OFERTA VARIADA EN INSTRUMENTO E FORMACIÓN MUSICAL

As opcións formativas de instrumento abranguen frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, guitarra, linguaxe musical e coro. Ademais, os cativos a partir dos 3 anos poderán aprender música e movemento, e os adultos dispoñen de clases teóricas de música e grupos instrumentais. Todos os alumnos que o desexen poden formar parte da Banda Infantil, e no Coro Berea, na sección infantil ou na de maiores.

Para obter máis información, está dispoñible os teléfonos 982 46 05 13 e 617 55 12 99.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Aberto ata o 16 de setembro o prazo para solicitar o uso das instalacións deportivas de Monforte

Siguiente Noticia

Chantada servirá de peche ao circuito musical ao aire libre “Tradición. En Clave Delas”

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: