Aberto ata o 16 de setembro o prazo para solicitar o uso das instalacións deportivas de Monforte

Estará condicionado pola evolución da pandemia, e haberá un protocolo específico anti-covid

Imaxe de arquivo dos traballos de desinfección da pista municipal de atletismo de Monforte. GPCM

O Concello de Monforte vén de abrir o prazo para que entidades e clubes locais poidan solicitar o uso das instalacións deportivas municipais, de cara ás actividades da tempada 2020-2021. Dende o 2 ata o 16 de setembro poderán formalizar os trámites, segundo as indicacións que ofrece a web municipal www.monfortedelemos.es.

QUEN PODE SOLICITAR

A convocatoria vai destinada a asociación deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar, así como clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións que participen en competicións organizadas por federacións galegas ou españolas. Tamén poden solicitar o uso destes espazos clubs, entidades deportivas e asocacións debidamente rexistradas que organicen actividades non oficiais para a promoción do deporte, a actividade física e a recreativa entre os cidadáns.

ADAPTACIÓN A COMO VAIA A PANDEMIA

Dende o Concello explicaron que o uso das instalacións deportivas municipais estará suxeito á evolución da pandemia, e tamén ao protocolo hixiénico-sanitario que ten previsto publicar o Consistorio. Así mesmo, e mentres non se resolva a presente convocatoria, os clubs e entidades que o precisen poden seguir empregando as instalacións nos horarios que tiñan aprobados para a pasada tempada.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

O consenso estatal acadado para o inicio do curso escolar incorpora a meirande parte das medidas xa previstas no Protocolo da Xunta

Siguiente Noticia

O prazo para apuntarse na Escola de Música de Sober remata o 24 de setembro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: