Ata o 14 de setembro para solicitar as subvencións que ofrece a Deputación de Lugo aos clubes deportivos

A partida dispón de 500.000 euros, que financiarán gastos de actividade e organización de eventos

Imaxe de arquivo do deputado responsable da Área de Deportes da Deputación, o nacionalista Efrén Castro. GPVDL

Xa está aberto o prazo para que os clubes e entidades deportivas da provincia de Lugo soliciten as axudas da Deputación. A partida de axudas, convocadas pola Área de Deportes da Vicepresidencia en concorrencia competitiva, dispón dun total de 500.000 euros. O prazo para formalizar as solicitudes rematará o 14 de setembro.

As subvencións distribúense en dúas liñas. A primeira vai destinada a custear gastos de actividade ordinaria, con importes que oscilan entre 300 e 5.000 euros por beneficiario. A segunda liña sufragará a organización de eventos, con aportacións que van dos 200 aos 2.000 euros.

CASE TODO VAI PARA SOSTER OS CLUBES POLAS “CIRCUNSTANCIAS EXCEPCIONAIS” DA PANDEMIA

A situación extraordinaria que viviron os clubes trala declaración do estado de alarma obrigou a adaptar as subvencións “a estas circunstancias excepcionais”. De aí que, segundo explicou o deputado de Deportes, Efrén Castro, boa parte do importe das achegas, preto de 470.000 euros, vanse destinar a soster a actividade dos clubes. O nacionalista detallou que este concepto inclúe dende os custos federativos ata os gastos de mantemento de webs e das actividades on line que as entidades deportivas propuxeron durante o confinamento. Tamén están integrados neste concepto os gastos por compra de material de protección hixiénico-sanitario.

RENDEMENTO DEPORTIVO E INCIDENCIA SOCIAL DOS CLUBES

A valoración para conceder estas axudas terá en conta criterios obxectivos vinculados ao rendemento deportivo e á incidencia social do club. Neste último criterio, terán prioridade os equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes. Tamén se priorizará aos clubes ou entidades radicados en concellos con menos de 1.000 habitantes.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

3049 novos casos de coronavirus en Galicia durante os últimos 11 días de agosto confirman unha segunda ola da pandemia

Siguiente Noticia

O consenso estatal acadado para o inicio do curso escolar incorpora a meirande parte das medidas xa previstas no Protocolo da Xunta

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: