Obras de mellora de tres viais autonómicos no sur de Lugo

A Xunta inviste máis dun millón de euros en renovar o firme de tres estradas que comunican con Monforte

Xa comezaron os traballos nos catro viais do sur lucense nos que a Xunta inviste máis dun millón de euros. GPXG

 Dende mediados de agosto, están en marcha as obras de mellora do pavimento de tres estradas de titularidade autonómica que comunican o sur de Lugo con Monforte de Lemos. A Xunta destina máis dun millón de euros para esta actuación, que se prevé que estea rematada a mediados de febreiro do vindeiro ano.

Dentro do proxecto está a renovación do firme en calzada e beiravías da vía de altas prestacións VG-2.1 de Monforte en varios tramos, con case tres quilómetros en total. Así mesmo, inclúese a mellora da LU-933 que une Monforte e a parroquia de Bascós, coa aplicación dunha nova capa de rodaxe en cinco quilómetros, incluíndo o tramo urbano dentro da cidade do Cabe.

Pola súa banda, na estrada LU-546 que une Monforte con Nadela actuarase nun total de 10,7 quilómetros, ao seu paso polos municipios de O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria. Dende a Xunta detallaron que se realizarán fresados a carril completo, para posteriormente aplicar a capa de rodaxe na calzada e nas beiravías.

Este orzamento da Xunta integra tamén unha actuación na LU-722, que conecta Navia de Suarna con Becerreá e a autovía A-6.

Todas as obras rematarán coa renovación da sinalización horizontal e balizamento correspondente.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novo lote de material de protección da Xunta para centros residenciais do sur de Lugo

Seguinte Nova

Algo máis de 88.000 euros para embelecer o Camiño de Inverno

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: