Novo lote de material de protección da Xunta para centros residenciais do sur de Lugo

Sanidade leva enviado a esta zona 22 partidas, con máis de 1,6 millóns de unidades dende o inicio do estado de alarma

O lote inclúe máscaras, pantallas, luvas, batas, xel hidroalcohólico e desinfectante. GPXG

A Xunta realiza estes días unha nova entrega de máis de 16.600 unidades de material individual de protección con destino aos centros residenciais das comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada. O lote está formado por 7.100 luvas, 7.459 máscaras, batas e pantallas faciais, e 76 botes de xel hidroalcohólico e 21 garrafas de desinfectante.

Este é o envío número vintedous que a Xunta remitiu ao sur de Lugo dende que se decretara o estado de alarma, a mediados de marzo, con máis de 1,6 millóns de unidades de protección individual.

DETALLE DOS 15 CENTROS RESIDENCIAIS QUE RECIBEN ESTE MATERIAL

Na comarca de Chantada, o material envíase ao centro de día, o centro de acollida Concepción Arenal e a residencia Nosa Señora das Mercedes de Chantada, e á residencia e aos apartamentos tutelados de Taboada. A Xunta inclúe dentro dos destinatarios destes lotes ás residencias de maiores de Quiroga, Sober e Monforte de Lemos, e tamén na cidade do Cabe, ao Fogar de San Xosé, as vivendas tuteladas de Prodeme e do edificio residencial Francisco Suárez, e os centros Agora I e II. Así mesmo, reciben material de protección os centros de día de Monforte, Pantón e A Pobra do Brollón.  

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Adxudicada por case 200.000 euros a ampliación e reforma dos talleres do IES A Pinguela

Siguiente Noticia

Obras de mellora de tres viais autonómicos no sur de Lugo

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: