Adxudicada por case 200.000 euros a ampliación e reforma dos talleres do IES A Pinguela

O conxunto disporá dunha nova aula, vestiarios anexos, un baño adaptado e unha sala de instalacións

O aumento do alumnado nos ciclos formativos fixo necesaria a ampliación dos espazos no edificio de talleres do IES A Pinguela. (Foto: Pixabay)

O monfortino IES A Pinguela contará con novas instalacións na área de talleres, destinada ao alumnado dos ciclos formativos. A Xunta adxudicou as obras de ampliación e reforma desta área, por un importe de case 200.000 euros. Segundo precisaron dende Educación, os traballos desenvolveranse entre setembro e mediados de novembro, “sempre baixo as máximas medidas de seguridade”, para poder compatibilizalas coa normal marcha do curso escolar.

DETALLE DAS OBRAS

O proxecto adxudicado permitirá habilitar unha nova aula no edificio de talleres, mediante un forxado a dobre altura con apertura de fiestras nunha fachada. Así mesmo, cambiarase a carpinteiría e a ventá da outra fachada, ademais de modificar os tabiques da planta superior dos talleres para dar acceso á nova aula. O patio anexo cubrirase cunha cuberta lixeira sobre unha estrutura de perfís metálicos. O proxecto inclúe a construción de vestiarios anexos ao pavillón, un baño adaptado, un despacho e unha sala de instalacións.

DOUS NOVOS CICLOS DE FP DUAL

Dende a Consellería salientaron que as obras responden á maior demanda de espazo no institituo monfortino, que vén de incorporar o novo ciclo de grao medio en Calzado e complementos de moda, e o de grao superior en Estilismo e dirección de peiteado, ambos dentro da FP Dual.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A música en directo anima as veladas de agosto na terraza do Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Novo lote de material de protección da Xunta para centros residenciais do sur de Lugo

Últimas noticias sobre EDUCACION

A %d blogueros les gusta esto: