Dez mozos e mozas participan en Brollón no terceiro campo de voluntariado do Castro de San Lourenzo

Unha experiencia que combina natureza, confraternidade e arqueoloxía, ademais dun achegamento ás tradicións locais da man da veciñanza

Foto de familia dos mozos e mozas cos monitores do campo de voluntariado que se desenvolve na escavación do Castro de San Lourenzo, dirixida polo arqueólogo Xurxo Ayán. GPCPB

A Pobra do Brollón acolle ata o 13 de agosto un dos campos de voluntariado que organiza a Xunta de Galicia en colaboración cos concellos.

LIMPEZA E MANTEMENTO
O Castro de San Lourenzo repite, por terceiro ano consecutivo, como escenario desta actividade, que combina arqueoloxía, medio ambiente e confraternidade. A escavación situada na parroquia de Cereixa é a localización en torno á que se desenvolveu o programa do campo, que reúne a dez mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. Os participantes realizan tarefas de limpeza e mantemento da contorna do castro, ademais de asistir a actividades comunitarias, achegándose ás tradicións e costumes deste municipio da man dos propios veciños.

Os voluntarios achegáronse ás particularidades da necrópole romano-medieval, o 5 de agosto, día do inicio da actividade xuvenil. GPCP

PROXECTO «EMOCIONANTE»
Na inauguración do campo de voluntariado, o pasado 5 de agosto a xefa do servizo de Xuventude de Lugo, María Grandío, destacou que este «é o campo máis relevante da provincia de Lugo en canto á vinculación cos veciños e os traballos arqueolóxicos». Grandío salientou os «grandes avances» que está a rexistrar ano tras ano a escavación do Castro de San Lourenzo, proxecto que cualificou de «emocionante».
A organización do campo de voluntariado está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón e da Asociación Veciñal María Castaña de Cereixa. •

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

O Concello de Monforte prorrogou o contrato do lixo por dez anos

Siguiente Noticia

Dinamización do Camiño a través do campo de voluntariado de Triacastela

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: