Constituído o Consello Regulador da IXP Pan Galego

• O seguinte paso desta nova Indicación Xeográfica Protexida será o rexistro de produtores de trigo, muíños e panaderías

Pleno do Consello Regulado da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego, constituído o 31 de xullo. GPXG

A aposta pola calidade dos produtos agroalimentarios de Galicia vén de completar un novo chanzo. A finais do mes pasado, quedou constituído o Consello Regulador da nova Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego, que establece unhas características de produción e elaboración que ampararán a calidade deste produto.

PRESIDENTA DO NOVO CONSELLO
Na reunión plenaria, os técnicos da Consellería do Medio Rural trasladaron aos membros do Consello a normativa deste tipo de entidades e os pasos que han de seguir, como será a do rexistro de parcelas, almacéns de trigo, muíños e panaderías. Forman parte deste Consello dez vogais, presididos por Guadalupe Gómez Franco.

CARACTERÍSTICAS DO PAN GALEGO CON DISTINTIVO DE CALIDADE
O regulamento da IXP Pan Galego establece como características deste produto unha codia dura e triscante, miga esponxosa e alveolado abundante e irregular, con forma de fogaza, rosca, bolo ou barra. Ademais, o pan ha de ser moi aromático, cun sabor intenso a trigo cun punto lixeiramente ácido.
O proceso de constitución dun distintivo de calidade para o pan galego iniciouno en 2015 a Federación Gallega de Asociaciones de Fabricantes de Pan (Fegapan), que sumou o apoio da Xunta dende o comezo. Entre as vantaxes que traerá esta IXP están a promoción das numerosas panaderías espalladas por toda a xeografía galega, ademais de incentivar o cultivo do trigo en Galicia, o que suporá un pulo á conservación e posta en valor do medio rural.•

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Asinado o convenio da Deputación e o CCU Monforte para impulsar a dixitalización do pequeno comercio

Siguiente Noticia

O Concello de Monforte prorrogou o contrato do lixo por dez anos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: