Asinado o convenio da Deputación e o CCU Monforte para impulsar a dixitalización do pequeno comercio

Na sinatura estiveron o presidente da Deputación, José Tomé, e o presidente do Centro Comercial Urbano, Juan Carlos González, o pasado 31 de xullo. GPDL

A finais do mes de xullo, quedaba asinado o convenio polo que a Deputación de Lugo aporta 36.907 euros para axudar ao Centro Comercial Urbano de Monforte nun plan de dixitalización do pequeno comercio.
A sinatura, que tivo lugar o día 31, reuniu ao presidente do organismo provincial, José Tomé, e ao presidente do CCU Monforte, Juan Carlos González. Tomé salientou que este convenio contribúe a impulsar ao comercio de proximidade «nuns momentos difíciles» nos que é preciso, segundo o mandatario provincial, «recuperar a confianza da cidadanía e buscar novas fórmulas de promoción e venda que resulten atractivas».
VANTAXES DA DIXITALIZACIÓN DO PEQUENO COMERCIO
O convenio ten como obxectivo apoiar aos pequenos comercios para que implanten as novas tecnoloxías nos seus procesos de venda e promoción, adaptándose así ás demandas do consumidor actual e sumar novos mercados para os seus produtos e servizos.•

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

A Xunta entregou un novo lote de material de protección fronte á covid-19 para 15 centros residenciais da provincia

Siguiente Noticia

Constituído o Consello Regulador da IXP Pan Galego

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: