A Xunta entregou un novo lote de material de protección fronte á covid-19 para 15 centros residenciais da provincia

Imaxe de arquivo dun dos lotes con material de protección enviados pola Xunta a centros lucenses. GPXG

A loita contra a pandemia pasa pola prevención e a redución dos contaxios. Con esta finalidade, a Xunta segue enviando con regularidade lotes de material de protección, con destino aos centros residenciais, para protexer aos colectivos máis vulnerables, como os maiores ou as persoas con discapacidade.

PRETO DE 12.000 UNIDADES NO NOVO ENVÍO Á ZONA SUR
Nesta liña, a comezos de agosto formalizouse un novo envío de 11.700 unidades de protección individual e desinfección, con destino a 15 centros da provincia de Lugo. O lote estivo formado por 6.400 luvas, 5.200 máscaras e pantallas faciais, ademais de batas e xel desinfectante.

225.000 UNIDADES DENDE ABRIL
Segundo informaron os responsables de Sanidade, a Xunta leva entregadas no sur lucense un total de 225.000 unidades de protección individual dende o inicio da alerta sanitaria, cubrindo así todos os centros residencias incluídos no rexistro autonómico, tanto os xestionados pola administración galega como por asociacións, fundacións e entidades sociais.

PROTEXER AOS PROFESIONAIS QUE TRABALLAN NESTES CENTROS, E GARANTIR A SEGURIDADE DOS RESIDENTES
Os centros que reciben este material de protección teñen como usuarios a persoas maiores ou con discapacidade e menores. Ademais, o envío tamén atende aos centros de inclusión, igualdade e xuventude.
Dende a Xunta buscan que o persoal que presta servizo neste tipo de centros poida desenvolver o seu traballo de forma segura, ao tempo que se garante a protección e a saúde dos propios usuarios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte completa a oferta deportiva do verán cos campus de baloncesto e voleibol, e o de fútbol do Celta

Seguinte Nova

Asinado o convenio da Deputación e o CCU Monforte para impulsar a dixitalización do pequeno comercio

Últimas noticias sobre SALUD

A %d blogueros les gusta esto: