Monforte completa a oferta deportiva do verán cos campus de baloncesto e voleibol, e o de fútbol do Celta

O voleibol ocupa un lugar prioritario na axenda deportiva da cidade do Cabe. (Foto: Pixabay

O verán afronta a última quenda de actividades lúdico-deportivas para os máis novos, que en Monforte poden desfrutar aínda de catro programas.

EDICIÓN NÚMERO CATORCE DO CAMPUS DO CELTA
Do 3 ao 7 de agosto, un total de 54 nenos e nenas participaron participaron na edición número catorce do Campus de Fútbol Cidade de Monforte, que xestiona o RC Celta de Vigo. A pandemia obrigou a reducir o número de prazas deste campus xa habitual en Monforte, deseñado para participantes de entre 7 e 14 anos, que perfeccionaron a súa técnica futbolística no campo Luis Bodegas en sesións de mañá.

BALONCESTO, XIMNASIA RÍTMICA E VOLEI NA ÚLTIMA SEMANA DE AGOSTO
O resto das actividades de agosto concéntranse na última semana. Entre o 24 e o 28 de agosto terá lugar o IX Campus de Baloncesto Cidade de Monforte, nos pavillóns dos institutos Río Cabe e Daviña Rey en horario de 10 a 13 horas. O CB Val de Lemos será o encargado de xestionar esta actividade, pensada para nenos e nenas de 6 a 14 anos, e que oferta un total de 36 prazas.
O prezo é de 18 euros, cun desconto do 50% para familias numerosas. As inscricións realizaranse por correo electrónico, enviando o modelo de solicitude cuberto e asinado a deportes@concellodemonforte.com. Unha vez que se rexistre a matrícula, enviarase a carta de pago por correo electrónico para ingresar o importe.

VOLEIBOL PARA IDADES DE 7 A 16 ANOS
Nas mesmas datas, terá lugar o VII Campus de Voleibol organizado polo CV Ribeira Sacra, no pavillón municipal de A Pinguela, en horario de 10 a 13:30 horas. Neste campus, poden participar rapaces e rapazas de 7 a 16 anos, que deberán inscribirse no correo info@cvribeirasacra.es, ou na web do club www.cvribeirasacra.es. A organización ten dispoñible o teléfono 626 672 435 para realizar consultas e obter máis información, mediante chamada ou wasap.

XIMNASIA RÍTMICA
Dende o 24 ao 29 de agosto, o Club Kendra organiza a primeira edición do Campus de Verán de Ximnasia Rítmica, no pavillón do IES A Pinguela de 10 a 14 horas. A actividade está destinada a nenos e nenas a partir dos 4 anos. As inscricións realizaranse no correo ritmicakendra@gmail.com.•

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Monforte e Sober, entre os 17 concellos galegos con axudas para rehabilitar vivendas

Siguiente Noticia

A Xunta entregou un novo lote de material de protección fronte á covid-19 para 15 centros residenciais da provincia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: