A Deputación acondiciona a estrada que une Canabal con Rosende e Arxemil en Sober

Imaxe do inicio das obras na estrada entre Canabal e Rosende, o pasado 4 de agosto. GPDL

A comezos de agosto, a Deputación arrancou os traballos de mellora da estrada provincial LU-P-5902, que comunica os núcleos de Canabal con Rosende e Arxemil, no término municipal de Sober. Segundo indicou o presidente da Deputación, responsable directo da área de Xestión Territorial, as obras afectan ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 3,5 e 4,5. O proxecto contempla a limpeza e drenaxe das cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente, e o pintado da sinalización horizontal.
Para estas actuacións na estrada soberina, a Deputación destinou algo máis de 61.000 euros. •

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Continúa o proxecto municipal para arranxar máis dunha ducia de rúas en Monforte

Siguiente Noticia

Monforte e Sober, entre os 17 concellos galegos con axudas para rehabilitar vivendas

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: