Continúa o proxecto municipal para arranxar máis dunha ducia de rúas en Monforte

• O plan do Concello recupera as obras que se frearon polo estado de alarma, mellorando o firme de varios viais

O concelleiro de Obras, José Luis Losada, supervisou os traballos na rúa Severo Ochoa, o pasado 3 de agosto. GPCM

O mes de agosto segue a traer obras a Monforte, para recuperar o tempo perdido durante a paréntese do estado de alarma. O Concello está a executar os traballos que contratou a comezos de xullo, para o arranxo de 13 rúas por un importe total de 208.400 euros. Este plan de obras supón «un estímulo máis para a economía monfortina», segundo explicou no seu día o alcalde, José Tomé, cando se reactivou a licitación dos traballos, a comezos do mes pasado. O rexedor socialista argumentou ademais que estas accións, que responden ao seu compromiso electoral, teñen como obxectivo «facer unha cidade máis atractiva e máis agradable para vivir todos os monfortinos».

OBRAS EN NORIEGA VARELA E LOIS PEREIRO
En xullo comezaron os primeiros traballos correspondentes a este lote de licitacións, nas rúas Lois Pereiro e Noriega Varela. En ambas, levouse a cabo o fresado do pavimento asfáltico, ademais do alisado de desniveis e eliminación de irregularidades, para suprimir obstáculos que dificultaban a circulación. O proceso completouse coa aplicación dunha nova capa de rodadura, e a restauración da sinalización horizontal.
No caso da rúa Lois Pereiro, tamén se acondicionou o calexón que a conecta coa rúa Miguel de Cervantes, con limpeza, eliminación de baches e alisado de tramos irregulares.
Os traballos na rúa Noriega Varela adxudicáronse á empresa Probisa por case 26.000 euros. Pola súa banda, a firma Acoval encargouse do arranxo en Lois Pereiro por 14.400 euros.
Outra das actuacións deste plan de obras do Concello correspondeu ao acondicionamento da rúa Severo Ochoa. Neste vial, elimináronse as barreiras arquitectónicas, ademais de renovar a capa de rodadura e a sinalización horizontal. Desta volta, a adxudicataria dos traballos foi a empresa Probisa, por un total de 25.970 euros. Este proxecto incluiu, entre outras accións, a formación dun vado peonil, derrubando previamente a beirarrúa e a construción da rampa e o correspondente pavimento sinalizador.

MÁIS ACTUACIÓNS
O lote de actuacións que licitou o Concello incorpora a mellora da rúa Lemavos, dende a rúa Chantada ata a última das vivendas diseminadas en terreos rústicos das traseiras deste mencionado vial, ampliando o ancho da plataforma, ademais de aplicar aglomerado en quente e repintar a sinalización horizontal. Pola súa banda, na rúa de As Cruces vaise ampliar o ancho para permitir o cruce de dous vehículos. O arranxo do firme e a mellora da superficie de tráfico centrará os traballos nas rúas Castelao, Historiador Germán Vázquez, Central e segunda travesía do Reboredo.
Así mesmo, os arranxos na Praza do Concello corresponderán ao asento lateral, no que hai desperfectos e pezas soltas, e ao pavimento. •

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Celebrado o 1º Trofeo Concello de Monforte de slalom no río Cabe

Siguiente Noticia

A Deputación acondiciona a estrada que une Canabal con Rosende e Arxemil en Sober

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: