Agosto, periodo de proba en Galicia dunha aplicación móbil que rastrea contaxios da covid-19

• A aplicación da Xunta podería estar operativa en setembro, se a experiencia piloto de agosto resulta satisfactoria

PassCOVID permitirá medir o risco de transmisión da covid-19 do usuario, coa conseguinte utilidade para detectar rebrotes. (Foto: Pixabay)

O control da transmisión da covid-19 entre a poboación podería contar cun novo instrumento de medición, se a aplicación que está a probar a Xunta este mes demostra a súa efectividade.

EVALÚA O RISCO DE CONTAXIAR E PERMITE XERAR ALERTAS DE REBROTES
A comezos de agosto, o Executivo autonómico anunciou unha experiencia piloto para probar, nun grupo reducido de persoas, a aplicación PassCOVID, que dende o teléfono móbil permitiría identificar canto risco de transmisión do virus ten o usuario, e poder así xerar alertas no caso de que a persoa tivera un resultado positivo en PCR.

SERÍA DE USO VOLUNTARIO PARA RESIDENTES E VIAXEIROS
O anuncio fíxoo o propio presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, tralo último Consello da Xunta do mes de xullo. O mandatario autonómico explicou que, se a experiencia piloto de agosto funciona, en setembro podería implementarse esta aplicación. Feijóo salientou que a PassCOVID estaría dispoñible tanto para viaxeiros como para residentes en Galicia, e o seu uso sería voluntario. En todo caso, antes de poñela en funcionamento, a app remitiríase para a súa consideración ao Consello Interterritorial de Saúde.

QUE OFRECERÁ A APP AOS USUARIOS
A aplicación PassCOVID ofrecerá dous xeitos de acceso. Se o usuario quere identificarse, poderá entrar co seu identificativo Chave 365, co que poderá beneficiarse de todas as prestacións que ofrece, incluíndo información personalizada como datos xerais. Se o usuario non quere identificarse, pode entrar cun perfil anónimo, pero só terá acceso a información xeral e a consellos relacionados coa evolución da pandemia. Se se activa a xeolocalización, calquer tipo de usuario recibirá as alertas sanitarias referidas á zona de Galicia na que se atopen.

AVISO DE ALERTAS NA ZONA DE GALICIA NA QUE SE ATOPE O USUARIO, E DATOS DE EVOLUCIÓN XERAIS E POR CONCELLOS
Ademais, a aplicación vai servir como sistema de comunicación directa entre a Administración e os cidadáns, para ofrecerlles datos sobre zonas de risco de contaxios, incidencia por concellos, recursos e servizos dispoñibles na loita contra a covid-19. Tamén se incluirán protocolos de actuación para evitar contaxios.
Está previsto que a aplicación inclúa a conexión cun rastreador nacional, e un sistema para rexistrar en que establecementos estivo o usuario, para avisalo en caso de haber positivos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A temida segunda ola do coronavirus, cada vez máis cerca. Galicia rexistra 250 novos casos no último día

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón revela máis datos sobre a orixe da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: