Celebrado o 1º Trofeo Concello de Monforte de slalom no río Cabe

A modalidade de slalom ofrece instantáneas de gran vistosidade. (Foto: MONTERO)

O río Cabe recuperou a competición deportiva logo da paréntese pola alerta sanitaria. Na mañá do domingo 2 de agosto, o tramo urbano deste río encheuse de dinamismo coa celebración do Trofeo Concello de Monforte correspondente á 1º Copa Promoción de Slalom 2020. A iniciativa, organizada polo Club Quixós, reuniu na xornada a un bo número de participantes.

Vista xeral do tramo urbano do río Cabe, na celebración da Copa Promoción Slalom, o domingo 2 de agosto. (Foto: MONTERO)

PROTOCOLO ANTI COVID EN TODAS AS ACTIVIDADES DE PIRAGÜISMO
Ademais da competición, dentro do Campamento Deportivo de Verán do Concello os monitores do Club Quixós amosan aos cativos as claves para desfrutar do piragüismo. En todas as actividades e competicións, o Club aplica o protocolo hixiénico-sanitario fixado pola Federación Galega de Piragüismo. •

Un dos grupos que participou no 1º Trofeo Concello de Monforte de Slalom. (Foto: MONTERO)

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Museos de España e Portugal renovaron en Monforte o seu compromiso social

Siguiente Noticia

Continúa o proxecto municipal para arranxar máis dunha ducia de rúas en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: