Museos de España e Portugal renovaron en Monforte o seu compromiso social

• Impulsada pola Vicepresidencia da Deputación, a XX Conferencia Internacional de Museoloxía Social rematou coa declaración Lugo Lisboa 2020 con novos retos

Intervención da vicepresidenta da Deputación de Lugo e responsable da Área de Cultura, Maite Ferreiro, na clausura do congreso, o pasado 1 de agosto no Pazo de Tor. GPVDL

O sábado 1 de agosto, o Museo Pazo de Tor de Monforte acolleu a sesión de clausura da Conferencia Internacional de Museoloxía Social, que celebrou a súa vixésima edición con varias sesións telemáticas a finais do mes de xullo.
Máis de 375 persoas rexistráronse nas ponencias on line desta xuntanza, na que participaron relatores expertos de varias institucións, universidades e axentes do sector cultural de España e Portugal. A edición número vinte desta conferencia internacional levou como título “Cara a unha museoloxía 4D: social, ambiental, política e economicamente sustentábel”, co obxectivo de reunir aos diversos axentes implicados na museoloxía e fixar novos retos para un traballo máis eficiente, na busca dunha maior sustentabilidade a todos os niveis.
As conclusións das catro mesas de traballo foron redactadas polo comité científico en Tor, para fixar directrices, recomendacións e retos aos que se han de enfrontar os museos. •

Vista xeral dos membros do comité científico, con representantes da USC e da Universidade Lusófona de Lisboa, no Pazo de Tor. GPVDL
Sinaturas no documento da declaración Lugo Lisboa 2020, resultado da reunión final do congreso en Monforte. GPVDL

POR UNS MUSEOS MÁIS PARTICIPATIVOS EN 11 PAÍSES

• O evento clausurado en Tor forma parte da serie de conferencias que, con ámbito internacional, veñen desenvolvéndose cada dous anos nun dos 11 países con representación no MINOM (Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía). Este Movemento xurdiu en Lisboa en 1985, aínda que os seus principios xa quedaran establecidos na xuntanza celebrada en Chile en 1972. Os países implicados neste Movemento tratan de fomentar a participación cidadá dentro das organizacións museísticas, a recuperación da memoria e a posta en valor do patrimonio cultural e natural, así como a diversidade cultural

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

De Monforte a Chantada para promocionar o Camiño de Inverno co ex xogador da NBA Calderón

Siguiente Noticia

Celebrado o 1º Trofeo Concello de Monforte de slalom no río Cabe

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: