De Monforte a Chantada para promocionar o Camiño de Inverno co ex xogador da NBA Calderón

No centro da imaxe, de pé e cun bastón, José Manuel Calderón, ex xogador da NBA, á súa chegada á adega chantadina Vía Romana dende Monforte para promocionar o Camiño de Inverno, o 3 de agosto. GPXG

O Camiño de Inverno conta cun novo promotor de primeiro nivel internacional, a través dunha iniciativa que reúne deporte, cultura e tradicións. O ex xogador da NBA, José Manuel Calderón, que tamén xogou na Selección Española de Baloncesto, completou a etapa desta ruta xacobea entre Monforte e Chantada.

Calderón fixo parada na adega chantadina Vía Romana, xunto ao tamén ex xogador da Selección Española de Baloncesto, Juan Antonio Corbalán, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. GPXG

PRIMEIRA ETAPA
Na xornada, que se desenvolveu o luns 3 de agosto, estivo acompañado polo tamén ex xogador do combinado español de baloncesto, Juan Antonio Corbalán, que arrancou a andaina dende Monforte, e polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que se sumou á comitiva nos últimos quilómetros co alcalde de Chantada, Manuel Varela. A viaxe de Calderón forma parte da iniciativa «El Camino acaba en Obradoiro», impulsada polo club de baloncesto Monbús Obradoiro, coa colaboración da Xunta de Galicia.
Os días previos á marcha, Calderón desfrutou coa visita a diversos puntos da Ribeira Sacra cerca de Monforte. Tras partir dende a cidade do Cabe, Calderón e o grupo continuaron camiño por terras de Pantón e O Saviñao, para baixar a Belesar, facendo parada na adega Vía Romana. Xa na vila do Asma, Calderón foi recibido polos representantes do equipo de baloncesto UCOGA Chantada, que o agasallaron cunha camiseta.
O Monbus Obradoiro realizará un documental sobre a experiencia de Calderón no Camiño de Inverno, para promocionar a imaxe de Galicia cara ao Xacobeo 2021.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Duplícase en Galicia o ritmo de novos contaxios nos últimos días

Seguinte Nova

Museos de España e Portugal renovaron en Monforte o seu compromiso social

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: