Ata finais de agosto para visitar en Lugo a exposición de medallas do Museo Provincial

A vicepresidenta da Deputación e responsable da Área de Cultura, Maite Ferreiro, na inauguración da exposición Medallística do Museo de Lugo, a comezos de xullo. GPVDL

Durante os meses de xullo e agosto, está aberta na capital provincial a exposición Medallística do Museo de Lugo. A mostra, que pode verse no Refectorio do Museo, acolle as medallas e condecoracións orixinais que mellor definen esta colección, composta por case 500 pezas. O percorrido pola historia da medallística dende o século XVIII ata a actualidade está acompañado por un conxunto de 13 paneis, con imaxes e textos divulgativos en torno á colección.

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN
Segundo explicaron dende a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación, a exposición forma parte dun proxecto de investigación do departamento de arqueoloxía e historia, que busca dar a coñecer os fondos arqueolóxicos do Museo de Lugo en foros científicos e especializados en numismática.

VISITAS CON CITA PREVIA
A exposición, comisariada por Aurelia Balseiro, Enrique Alcorta e María Ofelia Carneiro, pode visitarse con cita previa. Tamén está dispoñible para a súa cesión gratuíta como mostra itinerante para os organismos e institucións que así o soliciten.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 70 nenos e nenas desfrutaron dun lecer activo na primeira quenda do Campamento de Verán de Monforte

Seguinte Nova

Última xornada das charlas arqueolóxicas con viño na Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: