Máis de 70 nenos e nenas desfrutaron dun lecer activo na primeira quenda do Campamento de Verán de Monforte

Ata o 6 de agosto está aberto o prazo de inscrición nas últimas prazas desta tempada

O Campamento de Verán de Monforte ten prazas dispoñibles para a terceira quenda, que se celebrará do 10 ao 21 de agosto. GPCM

O Campamento de Verán que organiza o Concello de Monforte rematou a súa primeira quenda coa participación de 72 rapaces e rapazas. Actividades variadas encheron os primeiros 10 días deste programa, que desenvolve a súa segunda quenda do 27 de xullo ao 7 de agosto con 47 participantes.
Dende o Concello destacaron a boa marcha desta iniciativa, que ofrece unha oportunidade de ocio aos rapaces durante as vacacións de verán, e máis posibilidades de conciliación ás familias.
A terceira quenda celebrarase do 10 ao 21 de agosto, con prazas aínda dispoñibles. As inscricións están abertas ata o xoves 6 de agosto, tanto nas Oficinas de Deportes das Casiñas da Compañía, como no enderezo electrónico deportes@concellodemonforte.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Volven os Paseos en Barca polo río Cabe

Seguinte Nova

Ata finais de agosto para visitar en Lugo a exposición de medallas do Museo Provincial

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: