Aprobados máis de 350.000 euros para un programa de emprego no Courel

O programa da Xunta dará formación e emprego durante un ano a 16 persoas de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso

A nova acción de emprego financiada pola Xunta en Quiroga, Folgoso e Ribas de Sil leva por nome «Montañas do Courel», vinculando a actividade ao recén recoñecido Xeoparque. (Arquivo EC).

Ao longo deste mes, activarase no Courel o programa de emprego “Montañas do Courel”, promovido polo municipio de Folgoso xunto con Quiroga e Ribas de Sil, e financiado pola Xunta con 369.500 euros. Este programa dará formación remunerada a un total de 16 desempregados, logo da súa selección a través das oficinas de emprego.

O proceso selectivo estará a cargo dos propios concellos, que terán como criterios de elección dos 16 candidatos a idade, a experiencia laboral previa, a permanencia en situación de desemprego ou o nivel de cualificación. Tamén darase prioridade aos mozos e mozas que previamente non recibiran atención por parte do Sistema nacional de Garantía Xuvenil.

Os 16 candidatos seleccionados recibirán formación e contrato remunerado durante 12 meses, seis máis que na edición anterior dos programas de emprego da Xunta. A aportación da Consellería de Emprego financia o salario mínimo interprofesional máis a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

Na provincia de Lugo, só se resolveron dous programas de emprego. Coa mesma dotación económica e o mesmo ratio de alumnado que no Courel, a Xunta aprobou o programa “Vencellos da memoria”, promovido pola agrupación de concellos de Ribadeo e Barreiros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Praia da Cova estrea o verán con novos arranxos

Seguinte Nova

Sober recupera a actividade cultural cun concerto

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: