Reabre o Centro do Viño de Monforte incorporando máis tecnoloxía para atender aos visitantes

Fachada do Centro do Viño de Monforte, que integra a Oficina de Turismo, a tenda de viños e o espazo museístico. (Foto cedida).

O pasado 27 de xuño, o Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte reabriu as súas portas logo de varios meses pechado pola alerta sanitaria. Aínda que o espazo físico non estivo accesible, o Centro seguiu atendendo chamadas e correos durante a pandemia, o que fai pensar aos seus responsables «que será un bo verán en canto ao número de visitantes» que se achegarán á Ribeira Sacra.
De feito, na primeira fin de semana con atención presencial, a Oficina de Turismo, situada no propio Centro, recibiu a 128 persoas, con todo o protocolo de seguridade sanitaria. Para facilitar a atención aos visitantes, o Centro habilitou un código QR para acceder a toda a información turística de Monforte dende o móbil, e outro similar para poder facer compras na tenda on line www.centrovino.es, con actualización diaria do seu stock. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A iniciativa municipal «A todo Bar» apoia á hostalería de Brollón e premia á clientela

Seguinte Nova

Comeza o arranxo do acceso ao complexo de Tor

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: