Noites de cine no verán de Pantón

O Concello anima a axenda estival con tres proxeccións en xullo

A programación «Cine na Praza» ofrecerá tres proxeccións de balde na Praza do Concello en Ferreira, os sábados de xullo ás 23:00 horas. (Foto: AdobeStock).

Coa chegada do verán, comezan a tomar forma as propostas de lecer pensadas para todas as idades. En Pantón, o Concello vén de anunciar unha programación cultural que, baixo o título de “Cine na Praza”, tratará de animar as noites de xullo con tres proxeccións ao aire libre.

PROXECCIÓNS NA PRAZA DO CONCELLO OS SÁBADOS DE XULLO ÁS 23:00 HORAS

A Praza do Concello en Ferreira converterase nunha gran sala de cine, para permitir o desfrute de tres películas de balde e cumprindo coa distancia de seguridade esixida nos eventos comunitarios. A primera das citas do programa “Cine na Praza” traerá a Ferreira a película “María Solinha”, na noite do sábado 11 de xullo. A seguinte proxección, na que poderá verse o filme “Eroski Paraíso”, terá lugar o sábado 18 de xullo. Esta programación rematará o sábado 25, co visionado da película “O que arde”. Todas as proxeccións destas xornadas de cine serán ás 23:00 horas.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Nova edición do Campamento de Verán en Bóveda

Siguiente Noticia

Por unha mobilidade segura: a responsabilidade de cada un é unha vantaxe para todos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: