O VI Concurso Semente Ribeira Sacra reabre ata o 30 de xuño o prazo para presentar proxectos empresariais

Os promotores anuncian para despois do verán unha convocatoria específica para proxectos tecnolóxicos contra a Covid-19

O impulso da innovación e do emprendemento é o obxectivo dos Premios Semente Ribeira Sacra. (Foto: Pixabay)

Ás portas de que remate o estado de alarma, as iniciativas sociais e institucionais van recuperando o seu pulso. Entre elas, a Asociación Semente Monforte volve a activar o prazo para recibir traballos, que competirán no VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. Os emprendedores interesados en optar aos tres galardóns, que este ano medran en contía, teñen tempo ata o 30 de xuño para achegar os seus proxectos.

20.000 EUROS REPARTIDOS EN TRES PREMIOS

Para inscribirse, hai que acceder á web da convocatoria, www.sementeribeirasacra.org, e subir o seu proxecto a través da intranet para concursantes. Os participantes serán evaluados por un xurado, que escollerá tres propostas ás que outorgará un primeiro premio de 10.000 euros, un segundo premio de 7.000 e un terceiro de 3.000 euros.

CONCURSO EXTRAORDINARIO PARA PROXECTOS TECNOLÓXICOS CONTRA A PANDEMIA

Aproveitando o impulso á innovación destes premios, dende a Asociación Semente Monforte queren recoller esta forza emprendedora e revertila para mitigar os efectos da pandemia. Con esta idea, os promotores do premio Semente Ribeira Sacra anunciaron a posta en marcha dun concurso, de carácter extraordinario, que recoñecerá proxectos de base tecnolóxica que estean vinculados coa loita contra a Covid-19. Nesta liña, poderían entrar aplicacións sobre contaxios, contactos ou distancias, así como sistemas de control de contactos ou alternativas de limpeza e desinfección ante o virus, entre outras propostas. Dende a Asociación Semente Monforte explicaron que contan con financiación para levar adiante este concurso específico, e agardarán a setembro para formalizar a convocatoria.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Os nacionalistas apoian as demandas dos viticultores de priorizar os cultivos tradicionais na Ribeira Sacra

Siguiente Noticia

Achegas autonómicas para que 10 concellos do sur contraten a 45 perceptores da Risga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: