Nova praza e zonas verdes coa humanización da rúa da Peza

O Concello da Pobra do Brollón renovou o aspecto deste transitado vial no que está o centro de saúde

Imaxe da nova praza que aproveita a intersección entre as rúas da Peza e Central, na capitalidade da Pobra do Brollón. GPCPB

A veciñanza da Pobra do Brollón xa pode desfrutar dun novo espazo público. A comezos de xuño, quedaron rematados os traballos de renovación da rúa da Peza, un céntrico vial da capitalidade no que está situado o centro de saúde. “Levábamos tempo observando a necesidade de facer unha intervención nesta zona tan usada polos nosos veciños e veciñas”, explicou o alcalde, Xosé Luis Maceda, cando se abriu o novo espazo ao público.

“HUMANIZAR ESPAZOS” E “FACER DA POBRA UN MUNICIPIO EXEMPLO DE CALIDADE DE VIDA”

O proxecto supuxo a renovación das beirarrúas e o pavimento da estrada, ademais da creación de novos espazos de lecer e esparexemento. En concreto, aproveitouse a intersección da rúa da Peza coa rúa Central para crear unha pequena praza, na que se instalaron bancos e unha fonte. A este conxunto, engadíronse varias superficies con árbores e lousa tipo céspede. Maceda salientou a intención do Consistorio de “humanizar o espazo público e contribuír a facer do noso municipio un exemplo de calidade de vida”.  

Os traballos cofinanciáronse con cargo ás axudas da Consellería de Medio Ambiente para mellorar infraestruturas en municipios de menos de 50.000 habitantes. O departamento autonómico aportou o 80% do importe, e o 20% restante custeouse con fondos municipais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Avanza a nova fase do proxecto ambiental de San Fiz en Chantada

Seguinte Nova

Lixeiro repunte de contaxios en Galicia con 24 novos casos

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: