O Saviñao estreará novos pavimentos en 40 quilómetros de accesos por case todas as parroquias

O Concello terá rematados os traballos para principios de xuño

Traballos de mellora en accesos a parroquias que está a completar o Concello do Saviñao. GPCS

O bo tempo facilita o arranxo do pavimento viario, e no Saviñao están a piques de completar un paquete de obras de mellora das estradas municipais. O alcalde, Carlos Armesto, anunciou que na primeira semana de xuño quedarán rematados os arranxos dun total de 40 quilómetros de viais de titularidade local, repartidos por case todas as parroquias do municipio.

MÁIS DE 317.000 EUROS PARA ARRANXAR ACCESOS NAS PARROQUIAS, “A PETICIÓN MÁIS DEMANDADA POLOS VECIÑOS”

Armesto especificou que o conxunto dos proxectos executados supera os 317.000 euros de investimento. Ademais de repercutir nun mellor servizo para os veciños de todas as parroquias, as obras leváronse a cabo “con materiais que garanten a súa durabilidade para non ter que reparalas a curto prazo”, salientou. Estas obras dan mostra ademais, segundo Armesto, do cumprimento do seu compromiso electoral “da máxima disposición a mellorar aquilo que nos pedían os veciños”. Entre as peticións máis demandadas estaba o arranxo dos accesos nas parroquias, solicitude que se materializará, segundo o rexedor, a comezos de xuño. O Concello vén de traballar en case todas as parroquias, e para as que quedan, “moi poucas”, o alcalde adiantou que “irán noutras partidas e iniciaremos o proceso administrativo para actuar nelas en canto nos sexa posible”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reabre o ximnasio municipal de Sober con cita previa

Seguinte Nova

Os arranxos no IES Lama das Quendas estarán listos para o inicio do vindeiro curso

Últimas noticias sobre EMPREGO

A %d blogueros les gusta esto: