O servizo de Ludoteca de Quiroga, que voltará no mes de outubro, celebrou o fin de curso cun gran festa

Redacción-Monforte

O servizo de Ludoteca, ofertado gratuitamente dende o departamento de Educación do Concello de Quiroga, en colaboración coa Deputación de Lugo, ven de celebrar cunha festa de despedida do curso 2010/2011. Así, o pasado martes 21 de xuño, os pequenos e pequenas que participaron destas actividades puideron deleitarse cunha gran merenda na ludoteca municipal, sita no baixo da Casa de Cultura de Quiroga. Esa tarde, os participantes nas actividades da Ludoteca desfrutaron dunha gran merenda a partir das cinco da tarde e ata as sete, xa que ademais da merenda houbo xogos para que os rapaces puideran aproveitar de cheo ese último día. Pola súa parte, a ludoteca municipal voltará en outubro co comezo do curso 2011/2012, pero ata entón, todos os rapaces e rapazas en idade escolar que pasen as súas vacacións no val e arredores poderán acudir aos campamentos de verán que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto. Estes contarán con actividades tan variadas como deportes, xogos, informática, inglés, e variados obradoiros en horario de mañá de luns a venres.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Abertas ao público as piscinas municipais de Quiroga

Seguinte Nova

Ideas emprendedoras: O IES Daviña Rey entrega os premios ‘José Luis Losada’

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: