Completada a primeira fase do segundo reparto de mascarillas entre a poboación lucense

A Subdelegación do Goberno continuará distribuíndo o resto do lote entre as entidades sociais, ata entregar as 104.000 unidades deste lote provincial

As entradas aos polígonos empresariais foron algún dos puntos nos que se repartiron as mascarillas enviadas polo Goberno. Na imaxe, distribución de mascarillas en Chantada. GPSGL

A protección da cidadanía para iniciar a desescalada reforzouse estes días cun novo reparto de material. Entre o 4 e o 5 de maio, a Subdelegación do Goberno na provincia completou o reparto entre a cidadanía dunha parte das 104.000 mascarillas que o Executivo central achegou a Lugo na primeira fin de semana do mes.

ISABEL RODRÍGUEZ: “SERÍA UNHA IRRESPONSABILIADE BAIXAR A GARDA”

Segundo precisou a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, este lote supón a segunda entrega, logo da despregada a mediados do mes de abril, na que se repartiron 74.000 mascarillas. “Hai que poñer todos os medios para evitar os contaxios”, asegurou Rodríguez, quen advertiu de que “sería unha irresponsabilidade baixar a garda, aínda que a situación mellora”.

Nos dous días que durou o reparto das mascarillas, púxose en marcha un operativo formado por axentes da Garda Civil e da Policía Nacional, que contaron coa “valiosa colaboración” da Policía Local e Autonómica, así como de agrupacións de Protección Civil, xunto a persoal da propia Subdelegación. Isabel Rodríguez transmitiu o seu agradecemento pola labor que están a desenvolver os diferentes corpos de seguridade para garantir a protección da cidadanía. Este dispositivo humano permitiu, segundo destacou a Subdelegada, chegar ao maior número posible de veciños, repartindo mascarillas en medios de transporte, e accesos a polígonos industriais, empresariais ou portuarios, ademais de cubrir as rúas máis concorridas.

Rodríguez anunciou que, unha vez completada a primeira fase do reparto, centrada na distribución de mascarillas á cidadanía, estase a desenvolver unha segunda, que ten como destino ás entidades sociais e asistenciais.   

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezan os traballos de roza nas estradas autonómicas da provincia

Seguinte Nova

Monforte abre a feira pero só para vender produtos agroalimentarios con redución de aforo e postos

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

A %d blogueros les gusta esto: