Os concellos poderán empregar as unidades de desinfección de vehículos que ten a Xunta

En Lugo, a Delegación ofrece dúas unidades de ozono no seu parque móbil do Ceao

A desinfección por ozono dos vehículos municipais de servizo público pode realizarse de balde no parque móvil da Xunta. GPDTL

A Delegación Territorial de Lugo pon á disposición dos concellos as dúas unidades de desinfección de vehículos por ozono. O responsable provincial, José Manuel Balseiro, explicou que estes dispositivos permiten hixienizar “de forma rápida e eficaz” os coches de servizo público, como os da Policía Local e Protección Civil.

SOLICITUDE CON CITA PREVIA, E DE BALDE

Esta nova medida de protección fronte o contaxio do coronavirus pode solicitarse con cita previa, a través do correo electrónico emerxencias.lugo@xunta.gal, como vía preferente de contacto. Outra maneira de formalizar esta solicitude é chamando ao teléfono do servizo territorial de Emerxencias 982 29 45 55.

Balseiro detallou que este servizo é gratuíto. Logo de formalizar a cita previa, os responsables municipais deberán trasladar os vehículos para desinfectar nas instalacións do parque móbil da Xunta no Polígono do Ceao, na capital provincial.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

A Pobra do Brollón rendeu unha homenaxe a todos os que loitan contra o coronavirus

Siguiente Noticia

Máis de 25 millóns de euros para reactivar o turismo e a cultura de Galicia

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: