Os concellos do sur lucense recibiron da Xunta case 38.000 unidades de protección nun mes

En marcha estes días un novo reparto de 5.000 unidades para concellos de máis de 1.500 habitantes

Os envíos de equipos de protección individual que realizou a Xunta con destino aos concellos arrancaron o 24 de marzo. GPDTL

En algo máis dun mes, os concellos das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga recibiron da Xunta preto de 38.000 unidades de material de protección fronte á COVID-19. A última destas entregas está aínda en marcha, cun total de 5.000 unidades con destino a concellos de máis de 1.500 habitantes.

DETALLE DOS LOTES

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, precisou o detalle da partida total que os municipios da zona sur recibiron en varias entregas dende o 24 de marzo. A Xunta repartiu nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga 20.450 guantes, 15.655 máscaras, 1.227 traxes e batas, e 35 pantallas faciais, ademais de dispensadores de xel desinfectante e garrafas de lixivia. No lote que se está a repartir entre o 29 e o 30 de abril, están incluídos 2.250 guantes, 2.650 máscaras cirúrxicas, 29 botes de xel desinfectante de medio litro e 9 garrafas de cinco litros, 53 traxes, 35 pantallas faciais e 35 batas. Balseiro destacou que estes equipos destínanse sobre todo a servizos sociais e de emerxencia, como poden ser o Servizo de Axuda no Fogar, Policía Local ou Protección Civil.

CRITERIOS PARA O REPARTO

A xestión destes materiais centralízase na Xunta, a partir da recepción do que solicitan os concellos en coordinación coa Federación Galega de Municipios e Provincias. O reparto estableceuse sobre criterios obxectivos que valoran parámetros como a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Galicia ten un repunte nos novos contaxios por coronavirus: 138 no último día

Siguiente Noticia

A Pobra do Brollón rendeu unha homenaxe a todos os que loitan contra o coronavirus

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

A %d blogueros les gusta esto: