Galicia ten un repunte nos novos contaxios por coronavirus: 138 no último día

Este dato mostra os resultados dos PCR,S e dos tests de anticorpos, sendo a única Comunidade que inclúe ambos na estatística que aporta o Ministerio de Sanidade

Hoxe Galicia rexistra 138 novos contaxios por coronavirus. En termos absolutos é a terceira comunidade do estado en crecemento, só por detrás de Madrid e Cataluña. A cifra supón ademáis un repunte respecto ós pasados días, o que pode significar que a volta ó traballo da pasada semana puido ter unha repercusión negativa na loita contra o virus. No resto do estado, o Goberno non informa dos novos casos de contaxio obtidos polos tests de anticorpos, polo que aparentemente hai unha milloría na pandemia, que á vista da información de Galicia, cabería cuestionar. Non temos información fiable para asegurar que o ritmo de contaxios a nivel nacional está a descender realmente. Non parece lóxico o dato de Galicia en comparación co resto do estado. Iso pode ser unha sinal de que si se tivesen en conta os datos dos tests de anticorpos, o número de novos contaxios no resto do estado sería moi superior ós 2144 oficiais, o que poría en cuestión as medidas de desescalada anunciadas onte polo presidente do goberno.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.526, deles 880 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 715 da de Ourense, 215 da de Pontevedra, 808 da área de Vigo, 505 da de Santiago, e 159 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 73 permanecen en UCI, 482 están en unidades de hospitalización e 2.971 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.393 persoas curadas, rexistrándose 547 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 93.118.


Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta analiza cos pequenos comerciantes medidas para a reactivación económica

Seguinte Nova

Os concellos do sur lucense recibiron da Xunta case 38.000 unidades de protección nun mes

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: