Charlas científicas por videoconferencia para o alumnado do IES A Pinguela

A conferencia virtual sobre neurociencia estivo a cargo do profesor Rivadulla, da Universidade da Coruña

A videoconferencia do profesor Casto Rivadulla para o alumnado de Bacharelato con Bioloxía do IES A Pinguela celebrouse o venres 24 de abril. IAP

A axenda de conferencias que organiza o IES A Pinguela para o seu alumnado retomouse esta semana grazas ás novas tecnoloxías. O alumnado de 1º de Bacharelato con Bioloxía asistiu por videoconferencia á intervención do profesor Casto Rivadulla, do departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña. A sesión, celebrada por videoconferencia na mañá do vernes 24 de abril baixo o título “Estás seguro do que ves?”, versou sobre a complexidade do cerebro, os mecanismos da memoria e a fraxilidade das neuronas.

Dende o IES A Pinguela agradeceron a participación do profesor Casto Rivadulla, “polo seu esforzo en ampliar a formación de profesorado e alumnado por Microsoft Tems”. Ademais dos alumnos e alumnas do centro monfortino, a videoconferencia contou co seguemento de antigas alumnas de A Pinguela, que agora están a cumprir a súa etapa de formación universitaria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tras máis de corenta días de confinamento, Galicia rexistra ainda 184 contaxios novos o día, según os datos oficiais.

Seguinte Nova

Os artesáns lucenses terán axudas directas da Deputación

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: