A hostalería e o turismo abriron a rolda de contactos da Xunta cos sectores económicos lucenses

O delegado territorial propón “o diálogo permanente” para mitigar o impacto da pandemia e facilitar a recuperación

Balseiro, acompañados de técnicos da Consellería de Cultura e Turismo e do IGAPE, na videoconferencia cos responsables da APEHL, o 20 de abril. GPDTL

A Xunta vén de iniciar en Lugo a rolda de contactos cos sectores económicos para analizar o impacto da pandemia e buscar vías de resolución. A primeira quenda tivo como protagonistas á hostalería e ao turismo, na reunión que mantivo por videoconferencia o delegado en Lugo, José Manuel Balseiro, cos responsables da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), o 20 de abril.

A HOSTALERÍA E O TURISMO, DOS SECTORES MÁIS AFECTADOS POLO PECHE DO ESTADO DE ALARMA

Balseiro, que estivo acompañado por técnicos da Consellería de Cultura e Turismo e do IGAPE, lembrou as liñas de apoio postas en marcha pola Xunta para minimizar os efectos do estado de alarma sobre o sector da hostalería, un dos máis afectados polo cese de actividade co estado de alarma.

A xuntanza serviu para poñer en común iniciativas centradas no mantemento empresarial, así como o contexto laboral e a disposición de liquidez para os miles de negocios de hostalería, restauración e turismo pechados dende hai máis dun mes polas medidas contra a pandemia.

LIÑAS DE FINANCIACIÓN SEN INTERESES E APRAZAMENTO DE IMPOSTOS

Balseiro explicou na xuntanza que as empresas do sector poderán beneficiarse da suspensión dos prazos para presentar varios impostos, e do aprazamento das cotas de amortización e xuros dos préstamos coa Xunta, que chegan a subvencionar ata o 100% dos intereses. O delegado territorial en Lugo lembrou tamén a nova liña de financiación que ten en marcha a Xunta, que avalará entre 3.000 e 200.000 euros de importe por cada negocio. Os empresarios que as soliciten terán ata catro anos para amortizar o préstamo e un máis de carencia, con xuros bonificados ao 100% pola Xunta.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Avances no primeiro Plan de Acción da Paisaxe da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Bookcrossing dixital e roteiros on line para celebrar o Día do Libro no confinamento

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: