Rolda de contactos entre Xunta e sectores económicos lucenses para paliar os efectos da crise do coronavirus

Balseiro reunirase a vindeira semana cos responsables da APEHL e da Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, manterá reunións por vía telemática cos responsables da APEHL e AJE-Lugo, a comezos da vindeira semana. GPDTL

Para intensificar as medidas de relanzamento da economía trala crise do coronavirus, dende a Xunta vanse iniciar contactos a nivel provincial cos diversos sectores. En Lugo, o delegado territorial, José Manuel Balseiro, comezará a vindeira semana unha rolda de contactos coas asociacións sectoriais. Entre luns e martes, están previstas as videoconferencias cos representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) e da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE-Lugo).

“VÍAS DE DIÁLOGO” SOBRE TODO COS SECTORES “ESTRATÉXICOS PARA A PROVINCIA”

Dende a Delegación salientaron que a atención estará posta en “reforzar as vías de diálogo”, especialmente cos sectores “estratéxicos” da economía da provincia, como o turismo, e os sectores forestal, agrogandeiro e de transformación alimentaria vinculada ao rural. Tamén terán esta consideración as pemes e o comercio, a construcción e a cadea de comercialización mar-industria, entre outros.

Ademais do apoio económico, a través das vías que xa abertas a Xunta, tratarase de garantir a seguridade dos traballadores dotándolles de material de protección e liñas específicas e extraordinarias de apoio, que se irán definindo nas vindeiras semanas, segundo precisaron dende a Delegación Territorial.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completadas as tarefas de desbroce en 13 quilómetros do corredor entre Nadela e Monforte

Seguinte Nova

O Concello de Monforte compra 72.000 mascarillas cirúrxicas para repartir entre a veciñanza

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: