Completadas as tarefas de desbroce en 13 quilómetros do corredor entre Nadela e Monforte

A Xunta executou estas obras dentro dun proxecto provincial que inclúe outras catro estradas lucenses, por importe de 512.000 euros

Imaxe dos traballos executados pola Xunta a través dunha encomenda á empresa pública Seaga, en varios tramos do corredor Lugo-Monforte. GPDTL

A mediados de abril, quedaron rematados os traballos de desbroce e tala nas marxes do corredor que une Lugo e Monforte de Lemos, nun total de 13 quilómetros. Segundo explicaron dende a Delegación Territorial, esta vía de alta velocidade inclúe o 50% dun proxecto provincial que abrangue outras catro estradas, cunha achega total de 512.000 euros, a través dunha encomenda á empresa pública Seaga.

LIMPEZA DE ÁRBORES E ARBUSTOS NOS TALUDES

Os traballos consistiron na retirada de árbores e arbustos das franxas de dominio público deste vial, sobre todo nos taludes. A elección dos tramos baseouse nas características e abundancia da masa vexetal. Segundo precisaron dende a Delegación Territorial, estas accións limitarán a aparición de incendios forestais, e aumentarán a seguridade vial evitando a caída de árbores ou ramas en caso de temporal.

ACTUACIÓNS EN BÓVEDA E O INCIO

As labores realizáronse en varios tramos. Nos municipios de Lugo e O Corgo, limpáronse as franxas entre os puntos quilométricos 0 e 10,7. No Incio, o tramo escollido foi entre os puntos 34,4 e 36,5. As accións completáronse coa limpeza do treito que vai do punto quilométrico 38,1 ao 38,3 no Concello de Bóveda.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Seis residencias do sur lucense recibiron novos lotes de material de protección da Xunta

Seguinte Nova

Rolda de contactos entre Xunta e sectores económicos lucenses para paliar os efectos da crise do coronavirus

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: