Continúa o reparto de mascarillas para os traballadores da zona sur de Lugo

A Subdelegación do Goberno achegou este material de protección a Monforte, e completou o reparto en Quiroga

Distribución de mascarillas en Monforte de Lemos, durante a xornada do 15 de abril. GPSGL

Na xornada do mércores 15 de abril, continuou o reparto de mascarillas de protección fronte ao coronavirus entre os traballadores de varias localidades lucenses. Desta volta, a Subdelegación completou en Quiroga o reparto iniciado onte, e distribuiu este material de protección en Monforte de Lemos.

No conxunto da provincia, o Goberno central distribuirá 74.000 mascarillas, para facilitar a seguridade dos traballadores que se incorporaron aos seus postos o pasado luns. O reparto estivo a cargo de efectivos da Policía Nacional e da Garda Civil, coa colaboración da Policía Local e Protección Civil.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación prepárase para o día despois do confinamento comprando 220.000 unidades de material de protección

Seguinte Nova

Educación repartiu ordenadores con conexión a internet para escolares sen recursos en 12 centros do sur

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: