Chega a Pantón un novo lote de material de protección da Xunta

O envío inclúe elementos de diverso tipo, como luvas, traxes protectores ou lixivia

Imaxe da nova quenda de material de protección adquirido recentemente pola Xunta. GPXG

O Concello de Pantón anunciou a recepción dun novo lote de material de protección contra o coronavirus, achegado pola Xunta de Galicia. Segundo precisou o alcalde, José Luís Álvarez, a mercancía recepcionada no Consistorio está integrada por un lote de 200 pares de luvas, 300 unidades de mascarillas cirúrxicas e tres unidades de xel hidroalcohólico de 500 mililitros cada unha, ademais de media ducia de traxes de protección e outra media ducia de envases de lixivia.

Deste xeito, o Consistorio de Pantón reforza a seguridade do persoal municipal e de servizos, para garantir unha mellor atención á cidadanía.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Bóveda prepara un reparto de mascarillas e luvas para toda a veciñanza

Seguinte Nova

ACES-Sarria participou na campaña de dinamización conxunta dos Centros Comerciais Abertos de Galicia

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: