O Concello do Incio repartirá mascarillas á veciñanza “casa por casa”

O Consistorio mercou un lote de unidades, e anunciou que aínda están dispoñibles baixo petición mascarillas aportadas pola Xunta

A veciñanza da Xunta recibirá no seu domicilio mascarillas de protección fronte ao coronavirus. GPCI

O Concello do Incio tomou a iniciativa de mercar un lote de mascarillas hixiénico-protectoras, logo das directrices do Goberno central de recomendar o seu uso ao incorporarse á actividade laboral.

PETICIÓNS POR TELÉFONO DAS MASCARILLAS ACHEGADAS POLA XUNTA

Mentres non se recepciona este material, os veciños que precisen deste elemento de protección poden chamar ao teléfono do Concello (982 42 70 14), e solicitar unha mascarilla procedente do lote achegado pola Xunta.

Dende o Concello informaron de que, cando cheguen as novas mascarillas, repartiranse entre toda a veciñanza “casa por casa”. O reparto será gratuíto e farase en condicións de seguridade, a cargo do propio equipo de Goberno, persoal municipal, Protección Civil e axentes medioambientais que están a colaborar co Concello.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lembrar as experiencias turísticas na Ribeira Sacra a través dun álbum virtual

Seguinte Nova

A UME volveu a Monforte para realizar novos traballos de desinfección

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: